Saturday 18 de May de 2024

Mais de 200 persoas citadas a través do servizo público de emprego


O Programa Integrado de Emprego ten o obxectivo de mellorar a empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego por medio de accións complementarias de orientación, formación e intermediación laboral.

Servizos Sociais Comunitarios de Ribeira realizou máis de 200 entrevistas, e delas, máis de 100 persoas foron convocadas no Viveiro de empresas entre os días 12 e 14. 70 das 100 prazas xa están preseleccionadas.

As persoas interesadas poderán achegarse a pedir información e adherirse ao programa durante toda a semana próxima en horario de 8 a 14 ou ben nos teléfonos 669150809/628557348.
“Este programa está dirixido a persoas con discapacidade, en risco de exclusión, mulleres víctimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e persoas inmigrantes” explicou a concelleira de Emprego, Veva Betanzos.

Realizaranse formacións específicas e obradoiros para a busca de emprego, comunicación, habilidades sociais, preparación de entrevistas, emprendemento e mobilidade laboral. Entre as formacións, destacan cursos de inglés para o sector comercio, manipulador de alimentos, animación turística ou preparación e venda de peixe.

Segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, como medidas de conciliación “adaptaranse os horarios, combinando a orientación presencial coa telefónica e intentarase adecuar o horario ás necesidades das persoas participantes”.